/Documentalista de proxectos

Documentalista de proxectos

Axudo a persoas, comunidades e organizacións a crear todo tipo de produtos e servizos de información e documentación de alta calidade, colaborando na definición, organización e comunicación dos seus proxectos.

Información e documentación

Analizo contigo as necesidades reais de información, autentificando e validando para ti só as mellores fontes e recursos; obtendo, tratando e interpretando os datos clave para a túa actividade.

Axúdoche a definir e implementar metodoloxías, emprendendo melloras e propoñendo innovacións na túa organización; detectando e organizando fluxos, integrando datos, documentos e coñecemento, ligando políticas, recursos e actividades.
 

Edición e xestión de contidos

Melloro os procesos de produción, aportando consistencia editorial aos teus proxectos; concibindo, creando e realizando novos produtos e servizos na contorna dixital; cooperando na definición dos contidos en función dos obxectivos.
 

Difusión e transferencia

Desenvolvo novas formas de difusión e reutilización para o teu traballo. Elaboro contigo unha estratexia de comunicación e a poño a andar, afrontando os desafíos do marketing dixital dun xeito atractivo e honesto.
 

Cultura colaborativa e modalidades de traballo

Elaboro un diagnóstico e defino unha estrategia de actuación, desenvolvo contigo proxectos concretos, incorporándome temporalmente se fose necesario ao teu equipo de traballo.

Axúdoche na definición, organización e comunicación dos teus proxectos

Gaspar Domínguez (Linkedin)

+34 626 558 671 | Preme aquí no teu móbil para chamar
Ou envía comentarios, consultas e propostas para o seguinte enderezo: comunicacion@scqlab.info