//Comunidade e sinerxías de apoio mutuo
Andar21

Comunidade e sinerxías de apoio mutuo

Sobre a nosa participación en Activadora, comunidade colaborativa aberta.

A colaboración participativa non é un deseño baleiro. Está chea de nós, dos nosos valores e propósito común. Cooperamos para apoiar e desenvolver iniciativas e proxectos de base social que contribúan á (re)construción local das relacións de confianza e de axuda mutua: diversión e aprendizaxes compartidas, procomún e mancomún, servizos compartidos, empregabilidade, coidados, diálogo e cooperación interxeracional.

O noso proxecto piloto experimentou para establecermos relacións de colaboración activa co colectivo das persoas xubiladas de Compostela. A nosa expectativa máis inmediata era afortalar o vencello entre nós, compartindo estímulos e oportunidades para a activación social e a empregabilidade na nosa contorna.

Activadora foi unha proposta de activación práctica. Unha comunidade colaborativa fundada en relacións xenuínas e directas, de confianza. Deliberamos e decidimos de xeito directo. Construímos e mantivemos unha alianza para que todo flúa. Todo o que fixemos foi de dominio público, aberto e replicable.

Activadora foi unha iniciativa autoxestionada, promovida e integrada por un grupo de persoas participantes na segunda edición de Colabora, programa de fomento do emprendemento social e o intraemprendemento de Santiago de Compostela.

Experimentamos para desenvolvermos innovación social.

Activadora Compostela