Coñece o noso obradoiro de habilidades e recursos de información en Internet.
Alén da alfabetización informacional
Queremos trascender o marco formativo da alfabetización informacional para desenvolver un ambiente experimental onde compartirmos coñecemento através da exploración compartida.
Nova cultura da información
Os obradoiros scqLab. nacen en 2013 para construír e dispoñibilizar na nosa contorna un repertorio crítico sobre o uso que facemos de Internet e das tecnoloxías da información e comunicación. O proxecto responde á necesidade de pularmos por unha nova cultura da información que reubique ás persoas no centro dos procesos de coñecemento.
Prácticas de uso común
Somos moi amigxs do acceso e do código abertos. Non obstante, aquí usamos e analizamos distintos tipos de aplicacións e utilidades co obxectivo de abranguer todas as prácticas dixitais de uso común.
O Laboratorio ten vocación de reproducirse e medrar nos espazos sociocomunitarios. Contacto
Coñece tamén os nosos faladoiros sobre As tecnoloxías intelectuais através dos tempos